Gran Sabana

Lagoa Canaima, na Gran Sabana.

A Gran Sabana é unha rexión natural localizada no sur de Venezuela, no escudo Güianés, na parte sueste do estado de Bolívar, estendéndose até a fronteira co Brasil.

Ten unha temperatura media de 23 °C. Nela conviven diversos grupos indíxenas, entre os que destacan os pemóns.

A Gran Sabana forma parte dun dos maiores Parques Nacionais da Venezuela, o Parque Nacional Canaima, onde se encontra o Salto Ángel que, con case un quilómetro de altura, é a fervenza máis alta do mundo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy